Description
A catedral de Santiago de Compostela cun ceo circumpolar. O noso puzzle número un.
Un puzzle ou crebacabezas de 1000 pezas, coa imaxe que é portada de #CeosGalegos22. Unha imaxe nocturna e atemporal coa fachada da catedral de Santiago de Compostela co ceo nocturno, amosando a rotación celeste ao redor da estrela polar. Para coleccionar, para xogar individualmente ou en familia.
É un produto exclusivo da nosa tenda e en edición moi limitada e numerada. Non se pode adquirir en librarías. No caso de se esgotar podes reservalo.
As características destes crebacabezas son:
- Idade: de 9 a 109 anos
- 1000 pezas de cartón, o acabado tradicional
- Medidas unha vez montado: 69 x 49 cm
- Medidas das pezas: 2 x 1,8 cm
- En caixa personalizada coa mesma foto
- Incluímos unha AstroPostal para que sirva de guía na montaxe
- Produto ecolóxico: pezas e caixas de cartón reciclado, coas certificacións PEFC e FSC
Reviews
There are no reviews yet.