Relatos verídicos

15,38

Hai existencias (pode reservarse)

5/5
Categoría:

Descripción

Traducido por Xosé Abilleira, Xurxo Pereira
Relatos verídicos ocupa un lugar destacado dentro da extensa obra de Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención do autor é entreter o lector mofándose dos autores de relatos prodixiosos e lendarios da tradición literaria grega e latina. Neste divertimento novelesco, narrado en primeira persoa, o barco no que navega Luciano chega á Lúa tras ser arrastrado por unha tempestade e viaxar polo aire durante sete días. Alí o autor válese da súa fecunda imaxinación para narrar as súas aventuras entre os selenitas. A obra tivo unha grande influencia posterior, sobre todo a partir do século XVIII, pois está na cerna da Os estados e imperios da Lúa e Os estados e imperios do Sol de Cyrano de Bergerac ou As Viaxes de Gulliver de Jonathan Swift.

ISBN: 978-84-92866-15-1

PÁXINAS: 98

ENCADERNACIÓN: Rústica con lapelas

DIMENSIÓNS: 145 x 220 mm

TEMÁTICA: Ciencia ficción, Clásicos grecolatinos, Europa, Viaxes

XÉNERO: Ficción

TRADUTOR: Xosé Abilleira, Xurxo Pereira

LINGUA DE ORIXE: Grego

DATA DE PUBLICACIÓN: Agosto de 2010

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Relatos verídicos”