Descripción
Este lote desconto para o Nadal de 2022 inclúe os seguintes elementos:
– #CeosGalegos23 (2 exemplares), calendario mural con 14 imaxes do ceo, textos de Jorge Mira e poesías orixinais ou escollidas por Estíbaliz Espinosa.
– mini-CeosGalegos23, a versión limitada e de escritorio de #CeosGalegos23. Só 13 imaxes, sen textos nin efemérides.
– #AstroPostais23: lote coas 14 imaxes desta campaña en formato postal de curso legal. Os tamaños son variables para adaptarnos ao formato orixinal do autor/a.
– “A que altura está o ceo“, de Jorge Mira. Delicioso e didáctico achegamento á evolución do noso coñecemento sobre o universo, da man do autor dos textos de #CeosGalegos23. Xa leva 3 edicións.
– “Curiosidade“, de Estíbaliz Espinosa. Unha poeta que mira ao ceo cos seus ollos de astrónoma amadora.
— as AstroBolachas, unha edición exclusiva para o noso proxecto de pastiñas de café con forma de estrela. Para degustar mentres miras as imaxes.