Un galego na Lúa

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Bios Bardo, Os

Este ano cúmprese medio século da chegada dun home á Lúa. A día de hoxe só 12 homes da mesma nacionalidade estadounidense puxeron os pés no noso satélite natural, catro aínda están vivos e poida que algún sexa galego. Ou non?

Temos a  Frank Caínzos, astronauta da NASA. En realidade o seu nome completo era Fernando Caldeiro Caínzos. Con eses apelidos se non era galego podía parecelo. Realmente naceu na Arxentina e mudouse de pequeno aos EUA, polo que tiña nacionalidade arxentino-estadounidense. Pero o seu pai era de Samos (Lugo) e a nai berciana con orixes tamén galegas. Incluso recibiu a medalla Castelao da nosa Xunta. Eis o noso galego na… Lúa?

Hoxe temos axencia aeroespacial galega, aínda que sexa escolar. Temos enxeñaría aeronáutica, aínda que estea nos primeiros anos e aínda non licenciou a ningún estudante. Temos empresas que andan a argallar cousas espaciais, aínsa que polo momento sexan satélites pequerrexhos. A Nasa de verdade planea voltar á Lúa na vindeira década e ben puidera ser Frank o noso astronauta “galego” un dos chamados á gloria. Pero non vai poder ser, pois finou na década pasada.

Non houbo aínda un galego na Lúa a pesares da canción. Pero seguro que chegamos a velo. Ou podemos conformarnos coa imaxe de hoxe: hai unha Lúa e hai un astronauta que foi impreso en 3D por un galego.

Hoxe é o primeiro de abril, o noso día dos enganos.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha Lúa chea que non se ve

Na historia da humanidade saber cando a Lúa era chea foi algo fundamental. Os primeiros calendarios eran lunares, como son aínda o calendario eclesiástico, o

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023