Ceos Galegos

Que é Ceos Galegos

Ceos Galegos é un proxecto de divulgación e comunicación social

De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa. De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas. 

Os nosos textos e contidos son orixinais. Ampliamos con ligazóns a outras webs de interese. Podes empregar os nosos textos nas túas propias webs sempre e cando non os edites e inclúas unha ligazón ao lugar orixinal. 

Publicamos baixo licenza Creative Commons: Atribución-NonComercial-CompartirIgual (CC BY-NC-SA). As fotos teñen a licenza que lle asigne o seu autor.

O noso finanzamento provén de recursos propios, editando diversos materiais dispoñibles para a súa compra, realizando actividades, participando en diversos eventos, con patrocinadores privados ou con accións de micromecenazgo. Non solicitamos subvencións. Non buscamos patrocinios públicos.

Se queres colaborar, pásate pola nosa tenda.

A orixe

Ceos Galegos xorde no outono de 2017 coa idea de facer un calendario astronómico galego. 

Axiña ampliamos a idea inicial, para amosar e presumir de ceo en Galicia, as paisaxes nocturnas, a astronomía, a meteoroloxía, os fenómenos extremos. Todo isto e máis ten cabida para difundir, comunicar e divulgar a ciencia. Tamén para contribuír a concienciar sobre a protección dos seus valores naturais, culturais e turísticos.

Sobre a marcha, o proxecto trascende a idea inicial de editar un produto de consumo coma un calendario, sendo este o elemento que permite financiar o inicio de algo máis grande.

Accións