Ceo fondo

Imaxes tiradas do ceo nocturno con telescopio. Galaxias, cúmulos, estrelas, nebulosas e moito máis.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha nube de po cósmico que

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha nebulosa de emisión na constelación

Marchou o Alfredo

Pasou hai uns días, pero foi para sempre. Forma parte da media ducia de colaboradores grazas aos cales puidemos iniciar este proxecto no outono de 2017. El fora o autor

O cangrexo foi o primeiro

Imaxinade que sodes un astrónomo na busca da fama. Daquela, polo século XVIII, o máis doado era atopar un cometa, publicalo e agardar a que a sona de gran astrónomo

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para os afeccionados á astronomía, nun

A nebulosa da Media Lúa

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas e que adoitan morrer antes

Rebentou unha estrela

— Urg! — Urg!, urg! Así dirían os Homo sapiens sapiens que, hai 10.000 anos, viron unha estrela refulxir no ceo diurno. Ou destacar moito sobre as demais no ceo

Flores para Frank

— E logo? Haberá vida noutros lugares do Universo?
– Pois haberá, de certo.
– E, algún día o saberemos?
– Pois non, o máis probable.

Triplete de Leo, premio do público 2021

Ver tres galaxias moi preto do ceo é posible, se contas cun telescopio, aínda que sexa pequeno. Sen dúbida, unha das imaxes máis impactantes para os amadarores da astronomía. Son

Un cento de planetas errantes

Mira a imaxe. Que ves? Estrelas; moitas estrelas. E cores; moitas cores. E negro; moito negro. E nubes, moitas nubes. Ollo aí, son nubes cósmicas, de po e hidróxeno, non

A entrada da caverna cósmica

Para entrar nesta cova hai que saber o contrasinal. Na porta, un enorme monstro controla o paso. Aí o está, pendurando desde o alto. Unha enorme columna de gas desvela

Cita cósmica

Todo é gravidade. Ou case todo. A forza da gravidade é a que rexe os movementos no cosmos. Os planetas, as estrelas, as galaxias, os cometas… todos eses obxectos móvense