Así loce Leonard (i)

O cometa Leonard é a sensación astronómica da tempada. Polo menos para afeccionados ás estrelas e a fotografía. Ben é certo que algo decepcionante, pois as expectativas eran altas, quizais demasiado. Ben porque aínda lembramos o espectáculo do ano pasado, en pleno verán post-confinamento, que nos regalara o cometa NEOWISE. Pero aquí está. Perdido entre o lusco e fusco e cun aspecto difuso, coma unha estrela desenfocada, á dereita do centro da imaxe. Non se lle ve a cola porque está entre nós e o Sol cun ángulo menor de 30º. Por efectos da perspectiva o que destaca é esa especie de nube de po e xeo arrodeándoo por un fenómeno denominado dispersión frontal.

Agora vai caminiño de dar a volta ao redor do Sol, chegando ao seu punto de máximo achegamento á nosa estrela o 3 de xaneiro. Pasará entre as órbitas de Mercurio e Venus, achegándose a este planeta a só 4 millóns de quilómetros de distancia, dez veces menos que a súa mínima distancia ao noso planeta. Despois volverá pola súa órbita elíptica para perderse no exterior do noso Sistema Solar, tendo concertada a súa vindeira visita ao interior dentro duns 80 000 anos. O tamaño do seu núcleo estímase en 1 km de diámetro.

Según as últimas informacións ten unha magnitude visual que ronda o 2,5-3,5, perdendo brillo día a día. Ao estar movéndose entre as luces do luscofusco faise difícil ou imposible ser visto a simple vista. Precisamos polo menos duns prismáticos e algo de paciencia.A imaxe tirada por este novo colaborador desde Vila de Cruces (Pontevedra) co monte Xesteiras de fondo. Por riba, varias das estrelas da constelación do Arqueiro ou Seteiro.

Poderías gostar de...

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Imaxe de telescopio na nebulosa Augamar

Unha augamar para a portada

Hai 30 000 anos unha estrela estoupou, enchendo o espazo ao seu redor dos materiais que foi creando no seu interior. No lugar da estrela

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025