Inscricións
Para as actividades de acceso limitado é imprescindible inscribirse previamente e abonar a cota. Antes de cubrir o máximo de prazas ou ata o 8 de outubro de 2019. As preinscricións completadas antes do 10 de setembro gozarán dun pequeno desconto no prezo. Calquera dúbida podes chamar ao Náutico de Castrelo.
- básica: acceso a todas as charlas con asento reservado e aos obradoiros escollidos no formulario de inscrición, así como aos obradoiros exprés. Tamén inclúe a posibilidade de aloxamento de balde na área de acampamento con zona de duchas e baños anexa.
- público xeral: 35 € (30 antes do 10 de setembro).
- socios de entidades patrocinadoras: 30 € (25 € antes do 10 de setembro).
- completa: coma a básica, máis a astro-cea do primeiro día, a cea do segundo día e os dous xantares.
- xeral: 79 € (72 € antes do 10 de setembro).
- socios de entidades patrocinadoras: 69 (65 € antes do 10 de setembro).
- outras reservas: se vas vir só un día ou día e medio podes avisarnos para reservar algún dos xantares en concreto, ben por adiantado ou ben no momento de chegares a AstroGalicia.
- astro-cea: noite do 11 de outubro. Cea temática astronómica e música en directo.
- xeral: 24 eur.
- socios: 19 €.
- xantar do 12 ou do 13: xantar oficial con varios primeiros pratos a compartir e segundo a escoller entre carne e peixe.
- xeral: 15 €.
- socios: 13 €.
- cea do 12 de outubro: cea oficial con varios pratos a compartir, escolmados da carta de racións de outono do restaurante do Náutico.
- xeral: 16 €.
- socios: 14 €.
- astro-cea: noite do 11 de outubro. Cea temática astronómica e música en directo.