AstroGalicia19: as charlas

Todas elas teñen carácter divulgativo e son de acceso libre. Tampouco necesitan nivel formativo previo; abonda con curiosidade e interese. Están dirixidas ao público en xeral, permiten tomar contacto e coñecer a científicos en activo, divulgadores e novidades da astronomía e do espazo. Pero, sobre todo, amplían a nosa mente e estimulan o noso coñecemento.

O que segue só é un bosquexo. Iremos completando coa información que nos envíen os relatores. Todos os títulos e os resumos son provisorios. Os relatores non. Eses están confirmados.

Tormentas e lagos crioxénicos de metano de Titán

Por Scot Rafkin

Titán, a lún de Saturno, é un mundo fascinante. Unha lúa grande, máis que o planeta Mercurio e a nosa propia Lúa. O abriante é que tamén ten unha atmosfera cunha densidade case cinco veces maior que a da Terra, pero moito máis fría. A temperatura media é -180ºC e, nesas condicións crioxénicas, a auga conxela tanto que resulta tan dura coma o granito. Porén o metano pode ser gasoso, líquido ou sólido, ao igual que a auga terrestre, puidendo formar lagos, nubes e chuvia. Repasaremos o que sabemos dos exóticos lagos e nubes de Titán a partires de observacións telescópicas, a misión Cassini ao sistema de Saturno e o modelado numérico. Tamén discutiremos como a nova misión “Dragonfly” (cabaliño do demo) da NASA aumentará o noso coñecemento de Titán mailo seu potencial para a química prebiótica.

Explorando o planeta vermello: misións da NASA Curiosity, InSight e Mars2020

Por Jorge Pla García e Scot Rafkin

A atmosfera de dióxido de carbono do planeta vermello é fría e extremadamente delgada, pero exhibe estaciónes e clima, familiares e á vez estraños aos terrícolas. O Dr. Scot Rafkin comezará a charla facendo unha introdución ao clima marciano, revisando apropiedades da súa atmosfera e explicando como as tormentas de po, as nubes mailas enormes variacións de presión se producen no planeta vermello. A continuación o Dr. Jorge Pla-García falará sobre as recentes misións da NASA a Marte, o todoterreo Curiosity (que aterrou en agosto de 2012) e o módulo de aterraxe InSight (en novembro do ano pasado), equipadas con sendas estacións meteorolóxicas de marca española, REMS e TWINS respectivamente, que seguen a funcionar a pleno rendemiento a día de hoxe. Os excepcionais resultados de REMS e TWINS facilitaron que a seguinte misión de NASA a Marte, nomeada de xeito provisorio Mars2020 e con despegue planificado para o vindeiro xullo, incorpore unha nova estación meteorológica española de nome MEDA, convertindo a España no país con máis estacións meteorolóxicas funcionando de xeito simultáneo nun corpo extraterrestre. Nesta parte da conferencia, Jorge exporá cales son os principais descubrimentos realizados polas misións Curiosity (incluído o metano marciano!) e InSight, explicando os objetivos que se agardan coa misión Mars2020.

Resultado de imagen de insight mission
Ilustración da instrumentación da misión Insight

Captando o invisible: a primeira imaxe dun burato negro

Por Raquel Fraga Encinas

e dun burato negro. Tirada polo Telescopio do Horizonte de Sucesos (EHT, Event Horizon Telescope), é a primeira evidencia visual directa dun burato negro. Este burato negro supermasivo atópase no núcleo da galaxia Messier 87, a unha distancia de 55 millóns de anos luz e cunha masa 6500 veces a do noso Sol.
O EHT é unha rede de 8 radiotelescopios situados en distintas partes do planeta que traballan sincronizados para formar un telescopio virtual do tamaño da Terra. Grazas á súa altísima resolución puido fotografarse por primeira vez un burato negro. Na charla falaremos do misterio que arrodea aos buratos negros, a súa historia e como se chegou a captar esta imaxe co EHT.

Podemos reducir a contaminación luminosa?

Por Alejandro Sánchez de Miguel

Un dos problemas da nosa época. Máis alá de que poida parecer unha queixa recorrente de afeccionados á astronomía, pola dificultade da observación do ceo nocturno, a contaminación luminosa afecta a animais, plantas e a nosa propia saúde. Nestes momentos é un dos temas máis candentes de investigación en saúde humana.