AstroGalicia19: os obradoiros exprés

Actividades de pequeno grupo e acceso exclusivo aos inscritos. Tiramos proveito da presenza de relatores sinngulares e expertos nas súas temáticas. Estes obradoiros exprés son de nivel, alto ou medio. Tal vez non sexan accesibles a todos os inscritos, pero supoñen un desafío intelectual e pensamos interesarán á maioría. Indicamos o nivel necesario a efectos informativos. Indicamos os “niveis” de xeito informativo. Así:

Así, algúns pode ser que requiran coñecementos de física ou matemáticas.

Medindo contaminación luminosa con cámara DLSR

Por Alejandro Sánchez

Nivel: medio. 1-2 sesións.

Preferentemente para posuidores de cámara réflex dixital.

Buratos negros, interferometría e primeiros resultados do Event Horizon Telescope

Por Raquel Fraga Encinas

Nivel avanzado. 1 sesión.

O traballo colaborativo entre unha ducia de radiotelescopios, combinado coa potencia de cálculo necesaria para unir e procesar todos os datos, horas e horas de computación e de revisión. Da man dunha das protagonistas directas deste achádego do ano.

Afondaremos nos temas presentados na charla divulgativa: “Captando o invisible: a primeira foto dun burato negro”.

Presentaremos os buratos negros ao longo da historia, que características teñen, que leis físicas os gobernan e que sabemos deles grazas ás observacións astronómicas. Falaremos da gravidade maila Teoría da Relatividade de Einstein. Tamén introduciremos a interferometría de moi longa base, técnica usada en radioastronomía que nos permite chegar ás resolucións máis altas de hoxe en día. Remataremos tratando polo miúdo o proceso realizado para obter a primeira imaxe dun burato negro co Event Horizon Telescope, as dificultades atopadas e que se pode aprender desta imaxe histórica dun burato negro.

O metano marciano e a exploración de Titán

Por Scot Rafkin e Jorge Pla

Nivel: medio.

Durante o ano 2019 abundaron as publicacións científicas ao redor dos casos da existencia de metano en Marte e na lúa Titán de Saturno. Incluso se está xa a falar dunha futura misión a esa Lúa. Neste obradoiro exprés a catro mans e dúas voces afondaremos no estado actual destes proxectos.

Imaxes satelitales

Por Marcos Álvvarez

Nivel: medio

Como recibir datos de radio con satélites NOAA. Imaxes en tempo real, visionado ede nubes en 3D, anaglifos…