Ceos Galegos 2020 sae por terceiro ano consecutivo. É un produto tanxible, útil e fermoso. Un calendario de gran formato editado profesionalmente con imaxes dos mellores fotógrafos galegos da noite ou, cando menos, feitas en Galicia. Ao longo das súas 14 páxinas percorremos paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.
O calendario astronómico é un proxecto de calidade que vale tanto para regalar como para ter en casa, consultar ou usar como axenda. Compleméntase con esta web que publica periodicamente imaxes comentadas, realiza concursos e promove todo tipo de actividades de comunicación social da ciencia.
Características técnicas
O calendario astronómico ten as seguintes características:
- portada con contraportada, 12 páxinas para os meses e cartón protector
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- os fotógrafos escollidos están entre o mellor do panorama galego de fotografía nocturna e astronómica, tanto afeccionados coma profesionais
- efemérides astronómicas galegas, fases lunares e directorio de entidades astronómicas
- presentación a mes visto, con espazo para anotacións
Temas
En cada páxina retrátase un lugar, unha paisaxe, un obxecto astronómico ou un monumento. Ao longo dos vindeiros días iremos desvelando os temas deste ano 2020.