Ceos Galegos 2018, calendario astronómico é un produto tanxible, útil e fermoso. Un calendario de gran formato editado profesionalmente con imaxes dos mellores fotógrafos galegos da noite ou, cando menos, feitas en Galicia. Ao longo das súas 7 follas percorremos paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo nocturno. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.
O calendario astronómico é un proxecto de calidade que vale tanto para regalar como para ter en casa e consultar ou usar como axenda.
Características técnicas
O calendario astronómico ten as seguintes características:
- portada con contraportada, 12 páxinas para os meses e cartón protector
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
- impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
- os fotógrafos escollidos están entre o mellor do panorama galego de fotografía nocturna e astronómica, algún é foto-xornalista e varios son profesionais
- efemérides astronómicas galegas, fases lunares e directorio de entidades astronómicas
- presentación a mes visto, con espazo para anotacións
Temas
En cada páxina retrátase un lugar, unha paisaxe, un obxecto astronómico ou un monumento. Ao longo do ano percorremos:
- ría de Vigo e ponte de Rande (Pontevedra)
- montañas dos Ancares (Lugo)
- faro de punta Roncadoira en Xove (Lugo)
- antigo faro de cabo Silleiro en Baiona (Pontevedra)
- penedo do Galo en Viveiro (Lugo)
- catedral de Santiago de Compostela
- montañas de Trevinca na Veiga (Ourense)
- canastro de Gontán en Verea (Ourense)
- faro de Corrubedo (A Coruña)
- illas Cíes (Pontevedra)
- torre de Hércules (A Coruña)
- praias de Camariñas (A Coruña)
- galaxia de Andrómeda e as súas satélites (Grupo Galáctico Local)
- nebulosa de Orión na constelación homónima (Vía Láctea)