A verdadeira guerra das galaxias

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

Esta é unha guerra de verdade. Galáctica, porque están a loitar galaxias. Moi longa, pois comezou hai mil millóns de anos (millóns arriba ou abaixo). Con batallas que deixas as súas feridas. E podemos saber como rematará todo, como en case todas as guerras; ninguén gaña, ninguén perde.

Sobre un tapiz de estrelas individuais, todas da nosa galaxia, saliéntase á esquerda a galaxia espiral M81 e á dereita a galaxia irregular M82. As dúas están a guerrear empregando a atracción gravitacional como arma. Neste caso, as dúas se atraen entre si de forma proporcional ás súas masas. Chocan dun xeito singular, atravesándose unha a outra, provocando a interacción gravitacional entre os seus compoñentes individuais e provocando enormes “cicatrices” perceptibles a grande escala. Así, M81 ten brazos espirais moi amplos abertos por esas interaccións. Por contra, en M82 quedaron enormes rexións activas de formación estelar, grande número de estoupidos de supernova e potentes ventos de estrelas masivas. Toda esa actividade xera a expulsión de material cara o exterior. Aí están eses filamentos avermellados polo gas de hidróxeno atómico que arrastran. 

Este espectáculo ten lugar a case 12 millóns de anos luz de distancia e rematará nuns poucos miles de millóns de anos: as galaxias ficarán fundidas nunha soa. Así evolucionan e medran as galaxias grandes.

O autor precisou sumar un total de 2 horas e media de exposición RGB coa súa cámara Canon 550D, acoplada a un telescopio refractor de 80 mm. Coma sempre no seu caso, desde o seu observatorio particular de Arzúa (A Coruña).

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “A verdadeira guerra das galaxias”

  1. Pingback: As desgrazas nunca veñen soas – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.