O primeiro piar solar

Preto do solpor ou do mencer. Unha atmosfera fría. Cristais de xeo por millóns. Todo iso na túa cocteleira terrestre e poida que teñas un piar solar. Como o da imaxe.

Un piar solar é unha columna luminosa que parece saír ou chegar ao Sol. Non son raios solares como noutros fenómenos. Fórmanse pola acción combinada das faíscas de multitude de cristais de xeo que hai na atmosfera, ao refractaren a luz solar. Poden chegar a unha altura de 10º, que vén sendo o tamaño dun puño co brazo estendido. A cor que adquiren débese ao do solpor, as nubes, o po… indo do branco ao avermellado. Ata é posible que se vexan cando o Sol xa vai por baixo do horizonte.

Para a súa formación é preciso que os cristais de xeo non estean aliñados, ao revés que no caso dos halos ou nimbos solares. É máis, canta maior sexa a desaliñación dos cristais máis altura terá o piar solar.Os piares solares son un dos moitos fenómenos de óptica atmosférica que nos regala a natureza. Este foi capturado nos ceos de Cambados no inverno do ano 2020 e concursa no noso certame de mellores fotos do ano. Podes votar por ela (e entrar no sorteo de varios lotes de produtos dos nosos colaboradores) antes do 31 de marzo de 2021.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026