Por diante do xigante

Cando Galileo Galilei apuntou o seu anteollo ao planeta Xúpiter descubriu que ao seu redor había catro pequenas estrelas. Durante varios días puido comprobar como mudaban de posición, aparecían e desaparecían. De xeito correcto pensou que eran corpos que xiraban ao redor do planeta; a primeira evidencia de que non todos os astros do ceo xiraban ao redor da Terra. Foi un chanzo máis no cambio de paradigma que retirou ao noso planeta coma centro do universo e puxo Sol coma o seu centro. A observación fíxoa varias décadas despois de que Nicolao Copérnico escribira a súa revolucionaria obra Revolutionibus Orbium Coelestium.

Os catro satélites principais de Xúpiter receben nomes relacionados na mitoloxía co deus máis importante do Olimpo grego, Zeus, o equivalente á denominación romana. Son Ío, Ganímedes, Europa e Calixto. Como xiran ao redor do planeta máis ou menos no mesmo plano no que este e a Terra orbitan ao redor do Sol, continuamente perdémoslle a pista cando pasan por tras ou por diante. Con pequenos telescopios somos quen de ver a sombra que proxectan cando transitan por diante. E así aparece nesta detallada imaxe.
No cadrante superior dereito hai un sombra redondeada e escura, correspondente ao paso do satélite Ío por diante de Xúpiter.
As franxas anubradas de diferentes cores amosan a tumultosa dinámica da atmosfera do xigante gasoso. Destaca a Gran Mancha Vermella, un enorme ciclón que aumenta ou diminúe de tamaño pero que xa dura varios séculos. Ten o diámetro de dúas terras e ventos de ata 400 km/h.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026