Poderá haber cambios de última hora, en función da meteoroloxía.
Venres 11 de outubro
19:00-20:30 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións. Instalación na zona de acampamento libre.
20:30 AstroCea: cea con temática astronómica. Un paseo cósmico ao redor de 4-5 pratos con comentarios e música en directo. Só inscritos.
22:00 horas. Observación pública con apagado do alumeado.
22:00 horas. Obradoiro exprés: “Imaxes satelitais”, con Marcos Álvarez (só inscritos).
Sábado 12 de outubro
10:00 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.
10:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia. Asistencia de autoridades locais. Actividade aberta.
11:00 horas. Charla (i). Tormentas e lagos crioxénicos de metano de Titán por Scot Rafkin (SWrI, EUA). Actividade aberta.
12:00 horas. Charla (ii). Explorando o planeta vermello: misións da NASA Curiosity, InSight e Mars2020 por Jorge Pla-García (Centro de Astrobioloxía, Madrid, e Space Science Institute, EUA) e Scot Rafkin (SWrI, EUA). Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico.
- Observación solar con telescopio H-alfa. Colaboración Asociación Astronómica Sirio. Actividade aberta.
- Paseando con Curiosity. Colaboración de Félix.
14:30 horas. Xantar oficial. Só inscritos.
16:00 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
17:15 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
18:30 horas. Obradoiros iii. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
19:30 horas. Charla ii. Captando o invisible: a primeira imaxe dun burato negro por Raquel Fraga-Encinas (EHTelescope, Radbound Universitet). Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo (só inscritos). Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
22:00 horas. Obradoiros exprés: “Medindo contaminación luminosa con cámara DLSR” con Alejandro Sánchez.
Domingo 13 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iv (de ser necesario sesións adicionais nalgún deles).
9:30 horas. Obradoiros exprés: “O metano marciano e a exploración de Titán” con Scot Rafkin e Jorge Pla.
10:30 horas. Obradoiros exprés: “Buratos negros, interferometría e primeiros resultados do Event Horizon Telescope” con Raquel Fraga Encinas.
11:30 horas. Despegue de foguetes espaciais. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla iv. Podemos reducir a contaminación luminosa? por Alejandro Sánchez de Miguel (Exeter University). Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico.
- Observación solar con telescopio H-alfa. Colaboración Asociación Astronómica Sirio.
- Paseando con Curiosity. Colaboración de Félix.
14:30 Xantar de despedida.
16:00 Despedida e fin de festa.