Unha lúa non súper que emite raios verdes

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Sal fóra a ver a Lúa chea de hoxe.

Non a verás tan grande coma esta, porque os teus ollos non teñen un zoom como a cámara de fotos empregada aquí. Pero hoxe a verás chea e esta só estaba ao 99% desa fase. Inapreciable, va que si? Pois como albiscar que a Lúa é máis brillante e máis grande que a Lúa chea o mes pasado ou do anterior. Vamos, que de súper non tiña nada, nin a capa. Aínda que daquela alguén dicía que era a máis grande en case un século. A Lúa chea de hoxe está no perixeo, o punto máis achegado á Terra da súa órbita elíptica. Coma esta de hai algo máis dun ano.

A de hoxe non a verás azul, tampouco o era esta, pois a denominación azul é un invento anglosaxón que provén dunha mala tradución. A segunda lúa chea que coincide no mesmo mes, porque ao mediar algo máis de 29 días entre dúas fases cheas ás veces coincide que nos nosos meses de 30 e 31 días encaixen dúas lúas cheas.

A de hoxe tampouco a verás de sangue, porque a eclipse de lúa que hai hoxe non se ve desde o noso país. E ata poida que non a vexa por riba do castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo).

Ah si, pero a da foto ten un raio verde no limbo superior. O mesmo fenómeno de refracción que se dá co sol, a fin de contas o que vemos e a luz solar reflectida sobre a superficie lunar.

De todos os xeitos, sal fóra a ver a Lúa chea de hoxe. É fermosa e unha excusa para admirar o espectáculo do ceo, de balde.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “Unha lúa non súper que emite raios verdes”

Os comentarios están pechados.