O arco da vella non ten sete cores

Créditos da imaxe: Sindo Nóvoa

A receita para facer un fermoso arco da vella precisa chuvia, o Sol saíndo entre as nubes (sempre ás túas costas) e un observador no lugar axeitado. Entón, aló, comezará a se formar un arco froito da descomposición da luz nas cores que ten no seu interior. Se nos queremos poñer finos podemos afirmar que é o espectro electromagnético da luz visible. A luz solar atravesa as pingas de auga. Estas actúan coma pequenos prismas de cristal separando as cores que, ao teren diferentes lonxitude de onda, refráctanse a diferentes ángulos, conformando esa gradación colorida que ten o arco da vella.

Cantas cores contas? Cinco, seis, sete, oito?  Por fóra está o vermello, despois veñen laranxa, amarelo, verde, celeste, azul e violeta. Sete? En realidade, as cores forman un continuo de tons polo que poderiamos albiscar por centos ou milleiros diferentes. Que digamos que hai sete debémosllo a Isaac Newton. El foi quen demostrou que o arco da vella era a descomposición dun raio de luz ao pasar por un prisma de cristal. El foi quen decidiu que o número de cores que se vían eran sete, pois daquela considerábase un número cabalístico. E a Newton, esas cousas, molábanlle un chisco.

No noso caso, ademais do arco da vella principal vemos un segundo que quere asomar, por riba do primeiro e máis feble. Débese a que o tamaño das pingas de auga permiten que se produza unha segunda refracción no seu interior. Por baixo do arco iris unha cidade enteira, A Coruña.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

6 comentarios en “O arco da vella non ten sete cores”

  1. Pingback: Nunca chegarás ao final… – Ceos Galegos
  2. Pingback: Unha raiola verde – Ceos Galegos
  3. Pingback: O raio verde – Ceos Galegos
  4. Pingback: Contos de #CeosGalegos20: o país do raio verde – Ceos Galegos
  5. Pingback: O ceo galego é azul celeste – Ceos Galegos
  6. Pingback: Sete cousas que non sabías do arco da vella – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.