Unha coroa para a Lúa

Créditos da imaxe:  Antonio Costa

Parece unha diana celeste. Pero a falta de frechas, imos dicir que é unha coroa lunar. A sorte foi que unhas nubes febles pasaban por diante da Lúa. As pingas de auga provocaron a aparicición dun patrón de difracción. Cada pinga é unha fonde de espallamento das ondas luminosas. Todas as ondas producidas interfiren entre si de xeito construtivo, provocando a aparición de aneis brillantes, ou de  xeito destrutivo, aparecendo aneis escuros. A imaxe ten varias características que a convirten nun moi bo exemplo de coroa. Grazas a maior densidade de nubes por diante da Lúa case pode verse esta perfectamente, sen aparecer sobreexposta. Chegamos a albiscar ata 3 aneis, o máis externo moito máis feble que os interiores. O primeiro anel ten só o 1,75% da intensidade da luz dispersada. O segundo anel xa é 4 veces máis tenue, cun 0,42% da intensidade.

As cores dos aneis veñen a ser os mesmos dun arco da vella, só que aparecen mesturadas e superpostas unhas con outras. O tamaño da coroa é uns 15 graos, moito máis pequena ca os 22 graos dos nimbos ou halos

Ademais de polas pingas de auga, poden aparecer coroas provocadas por cristais de xeo na atmosfera, por pole espallado polo vento e ao redor do Sol.

A imaxe foi tirada a comezos do mes de febreiro por terras pontevedresas.

Poderías gostar de...

Marchou o Alfredo

Pasou hai uns días, pero foi para sempre. Forma parte da media ducia de colaboradores grazas aos cales puidemos iniciar este proxecto no outono de

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025

1 comentario en “Unha coroa para a Lúa”

  1. Hola, buenos días. Una preciosidad de foto, muy inspiradora. Gracias al autor y por compartir. Un abrazo y hasta la próxima. 🙂

Os comentarios están pechados.