Cita cósmica

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Todo é gravidade. Ou case todo. A forza da gravidade é a que rexe os movementos no cosmos. Os planetas, as estrelas, as galaxias, os cometas… todos eses obxectos móvense por culpa da gravidade. Cando varios corpos se achegan abondo para que a súa atracción gravitatoria lles afecte teñen unha cita cósmica. Ás veces, coma neste caso, vai ser un encontro único e tralo cal nada vai ser como era. Estamos diante dunha colisión galáctica, un choque entre dúas galaxias, onde o máis probable é que a grande acabe por devorar á pequena.

Na imaxe domina a impoñente presenza dunha galaxia espiral denominada galaxia do Remuíño ou M51, por ser descuberta polo astrónomo francés Charles Messier na segunda metade do século XVIII. Para el non era máis ca unha pequena nube borrosa no telescopio. Non foi ata mediados do século seguinte cando outro astrónomo descubriu que había certa forma recoñecible que a el parecíalle unha interrogación; era a primeira vez que se observaba estrutura nunha galaxia. Neste caso foi o astrónomo inglés William Parsons.

Nos brazos espirais aprezamos pequenas manchas rosadas, son zonas de nacemento de estrelas novas. É precisamente a interacción gravitacional coa galaxia pequena e de forma redondeada, M51b, a responsable. As ondas gravitacionais comprimen o gas hidróxeno intergaláctico facendo que se dean as condicións para o nacemento de novas estrelas. Ao mesmo tempo, a atracción provoca esa sensación de estiramento dos brazos espirais. Desde a nosa perspectiva parece que as dúas galaxias están unha ao carón da outra, cando en realidade M51b está algo máis afastada e pasando por detrás da galaxia principal.

Unha imaxe do mesmo evento e autor recibiu o segundo premio do público no noso concurso anual de 2020. A imaxe actual é o resultado dun segundo reprocesado informático para acadar máis detalles das estruturas dos brazos espirais. Se queres ver un pequeno vídeo coas etapas deste procesado terás unha idea mellor da potencia do método empregado para salientar información oculta nas imaxes astrofotográficas.

Nota do editor: se en vez de forza de gravidade preferides pensar en campos gravitatorios para estes efectos é o mesmo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

A nebulosa da Media Lúa

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023