Dúas torres, tres mentiras

Non, parece que vai chover pero non. Esta formacións nubosas tan arrepiantes non adoitan indicar unha boa chuzada. Realmente, falan dun equilibrio nas correntes entre o exterior e o interior da nube. Os aires ascendentes e cálidos foron pulindo a formación nubosa con aire frío que pretende descender. A loita entre esas correntes vai formando as estruturas alternas cóncavas e convexas, esas formas de mamas, que lle dan o apelido.

Non, non son un tipo de nubes. Aínda que ás veces reciben o nome xenérico de nubes mammatus, en realidade o nome desta nube é altostratus, sendo mamma unha das posibles variantes especiais. Así se recolle no Atlas Internacional de Nubes editado pola WMO ou Organización Meteorolóxica Mundial. A formación destas estruturas de mammas é complexa e aínda está en estudo. Nestas formación nubosas a parte activa, a choiva, acostuma estar noutro lugar cunha estrutura diferente.

Non, aínda que esteamos na Cidade da Cultura en realidade isto non é unha cidade. O marco arquitectónico da imaxe, coas torres Hejduk no centro, aporta certo aire futurista, aínda que o seu deseño orixinal é de comezos dos anos 90 do século pasado e para outro lugar de Santiago de Compostela.

A autora da imaxe, tirada en maio de 2022, empregou a súa Sony A7R3 nun trípode, con ISO 160, F8 e 1/50 s de exposición. E pola súa fermosura aparece no mes de decembro de #CeosGalegos23. A primeira vez que colabora no noso proxecto.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026