Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24 deste 20 de marzo do 2023. A liña dos solpores coincide cos meridianos terrestres, o solpor ten lugar de xeito preciso no oeste e o amencer ten lugar de xeito preciso no leste. O día e a noite teñen a mesma duración; en realidade non é certo, pois antes do mencer e tralo solpor aínda hai moita luz solar. Tamén hai que considerara orografía local, pois a existencia de montañas distorsiona todas estas afirmacións.

Os equinoccios, como os solsticios, foron sempre datas moi relevantes para a humanidade. Por iso abundan os monumentos da antigüidade que marcan estes intres. Eran fundamentais para o devir da vida da comunidade ou da tribo. Permiten medir o ano, pensar en comezar a sementar, recolectar, invernar, ciclos migratorios da caza… En definitiva, poder prever os cambios meteorolóxicos asociados aos movementos do Sol no ceo terrestre.

Por exemplo, as igrexas católicas antigas adoitan ter unha orientación leste-oeste. Os rezos facíanse nelas mirando cara levante, o lugar do nacemento do Sol e lugar da luz, pero éntrase nelas polo presbiterio situado ao oeste, lugar das sombras e tebras polo que se oculta a nosa estrela.

É conveniente que adoremos coa faciana volta cara o oriente (…) porque o Paraíso terrenal existiu en oriente e nós tratamos de voltar a el (…) e porque por oriente será cando aparezca no derradeiro día o Señor “como o lóstrego que se de oriente e brilla deica o occidente”.

Santo Tomé de Aquino

No caso singular da pequena capela mozárabe de San Miguel de Celanova (século X), situada por tras do maxestoso mosteiro, a orientación leste-oeste conta ademais cun deseño das xanelas que crean un efecto fermoso no mencer dos equinoccios, potenciado pola pequena desviación de 2 graos ao sur. Pero ademais este eixo cadra coa presenza do pedrón, un afloramento rochoso situado á sua beira e con esa mesma orientación, respectada polos construtores da capela. O pedrón salienta por ter pegadas de uso antigo, posiblemente castrexo. No solsticio de verán o solpor ten lugar sobre Castromao, unha das poboacións castrexas máis senlleiras do país e situada a 2 km de distancia, tal e como se mira desde a rocha (e sen houbera as construcións posteriores da vila de Celanova). A orientación do sol nacente na capela coincide ademais co cumio do monte San Cibrao de case 1000 metros de altura e situado a 8 km de distancia.

A imaxe pertence ao equinoccio de 2019 pero é atemporal. Como os movementos do sol nos Ceos Galegos. Porque xa é primavera.

Poderías gostar de...

Marchou o Alfredo

Pasou hai uns días, pero foi para sempre. Forma parte da media ducia de colaboradores grazas aos cales puidemos iniciar este proxecto no outono de

Eclipse de Lúa, eclipse de Sol

Van en parellas. Sabías? Hai uns días tivemos unha eclipse lunar total, o da foto. Dentro duns días teremos unha eclipse solar parcial. No primeiro,

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025