Programa de actividades
Provisorio, pendente de últimos cambios.
Venres 12 de outubro
19:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións. Instalación na zona de acampamento libre.
19:30 horas. Obradoiro de iniciación á radioastronomía (i/iii).
21:00 AstroCea: cea con temática astronómica. Un paseo cósmico ao redor de 4-5 pratos con comentarios e música en directo.
22:00 horas. Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.
Sábado 13 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.
10:30 horas. Obradoiro exprés: traballando con datos de Gaia con Cesca Figueras.
11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla: a misión espacial Gaia, por Cesca Figueras. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Observación solar con telescopio H-alfa. Actividade aberta.
14:30 horas. Xantar oficial.
16:00 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
- Iniciación á astronomía con Jorge Arranz.
- Fotografía planetaria con Paco Bellido.
- Modelismo espacial con Marcos Álvarez.
- Fotografía nocturna e astronómica con Dani Caxete.
- Técnicas de vídeo documental con Iván “Esfenodón”.
17:15 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
18:30 horas. Obradoiros iii. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
19:30 horas. Charla: Arte e Astronomía, con Paco Bellido. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
Obradoiro de iniciación á radioastronomía (ii/iii)
Domingo 14 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iv (de ser necesario sesións adicionais nalgún deles).
- Obradoiro exprés: o metano marciano con Jorge Pla García.
11:00 horas. Despegue de foguetes espaciais. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla MeteoMarte, con Jorge Pla García. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de Astrogalicia. Só inscritos.
14:00 Xantar de despedida.
15:30 Obradoiro de iniciación á radioastronomía (iii/iii)