AstroPostais22 (15 unidades)

10,35

Hai existencias

5/5
Identificador: 10002-1 Categorías: ,

Descripción

Esta é a listaxe completa das #AstroPostais22. Iremos publicando no blogue coa descrición completa. Pódelas mercar de xeito individual, pero todas xuntas sáenche máis a conta. Son postais de curso legal e admitidas no tráfico de Correos. As súas dimensións son diferentes, pois as imaxes orixinais teñen formato diferente. No calendario #CeosGalegos22 aparecen recortadas en proporción 2×1. Podes consultar o catálogo completo con todas as series (18 MB). Se desexas exemplares individuais envíanos un correo indicando cantas queres e que modelos; miraremos se é posible.

As AstroPostais teñen un número de serie para facilitar a súa colección. No reverso aparece tamén o lugar da imaxe e o seu autor.

  • Nº 2201 – Aleixandrus. Circumpolar na catedral de Santiago de Compostela. Tamaño: 12,0 x 18,1 cm.
  • Nº 2202 – Eduardo Rivera. Brétema sobre o Pico Sacro e Santiago de Compostela. Tamaño: 12,0 x 19,3 cm.
  • Nº 2203 – Niko Sisto. A nebulosa da Trompa de Elefante desde Ares (A Coruña). Tamaño: 12,0 x 18,8 cm.
  • Nº 2204 – Alfredo Madrigal. Ardora e faro de Cabo Home (Cangas, Pontevedra). Tamaño: 12,0 x 23,5 cm.
  • Nº 2205 – Óscar Blanco. Neve en Pena Trevinca (A Veiga, Ourense). Tamaño: 12,0 x 18,2 cm.
  • Nº 2206 – Julio Castro Pardo. Xúpiter e Vía Láctea sobre a Pena Cabalgada (Dumbría, A Coruña). Tamaño: 12,0 x 23,4 cm.
  • Nº 2207 – O’Fins. Lúa en cuarto crecente desde Santiago de Compostela. Tamaño: 12,0×19,0 cm.
  • Nº 2208 – Kikeflash. Xúpiter, Saturno e a Vía Láctea sobre a torre de Sande (Cartelle, Ourense). Tamaño: 12,0 x 18,3 cm.
  • Nº 2209 – Marcos Gestal. A ardora na praia de Rebordelo (Cabana de Bergantiños, A Coruña). Tamaño: 12,0 x 17,3 cm.
  • Nº 2210 – José Camilo López Pérez. Perseida e Vía Láctea desde o miradoiro de Amandi (Sober, Lugo). Tamaño: 12,0 x 23,5 cm.
  • Nº 2211 – Niko Sisto. A nebulosa do Crecente desde Ares (A Coruña). Tamaño: 12,0 x 18,3 cm.
  • Nº 2212 – Raposo. Circumpolar sobre o castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo). Tamaño: 12,0 x 18,5 cm.
  • Nº 2213 – Juan M. Galiñanes. Vía Láctea sobre o faro de punta Nariga (Malpica de Bergantiños, A Coruña). Tamaño: 12,0 x 23,5 cm.
  • Nº 2214 – Iago de la Fuente. Vía Láctea e o río negro desde Fecha (Santiago de Compostela). Tamaño: 12,0 x 17,9 cm.
  • Nº 2215 – Noa Táboas. Vía Láctea sobre o faro de Fisterra (A Coruña). Tamaño: 12,0 x 18,2 cm.

Características técnicas

As postais teñen as proporcións das imaxes orixinais. As medidas permiten que sexan empregadas como postais admitidas polo servizo de Correos. Están impresas a catro tintas sobre cartulina gráfica 280 g e acabado mate.

Por detrás teñen a estrutura típica de postal, con espazo para escribir a man e para poñer o selo mailo enderezo do destinatario. Tamén aparece o autor da imaxe e a súa descrición.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “AstroPostais22 (15 unidades)”