AstroPostais24

Lote de postais (de curso legal) coas imaxes de #CeosGalegos24. As #AstroPostais teñen tamaño variable para respectar ao máximo a composición orixinal do/a autor/a.

10,33

5/5
Categorías: ,

Descripción

A serie 24 das AstroPostais permite conservar as imaxes de #CeosGalegos24 en formato orixinal, sen cortes, e nunha impresión de alta calidade.

Lote de 14 imaxes en tamaño postal. Cunha altura de 12 cm, o máximo legal. E unha anchura variable en función da imaxe, co fin de respectar ao máximo o encadre do fotógrafo/a. Podes consultar o catálogo completo con todas as series (18 MB). Se desexas exemplares individuais envíanos un correo indicando cantas queres e que modelos; miraremos se é posible.

• 2401. Lúa chea sobre a Praia Cabodeiro (Illa de Arousa). Juan Carlos González Pérez
• 2402. Vía Láctea sobre os petróglifos de Gargamala (Mondariz). Javier Rodríguez
• 2403. Fervenza da Mexadoira e cantís en Lires (Cee). Drewkorme.
• 2404. Nebulosa Garra de Lagosta desde A Veiga. Alfredo Madrigal.
• 2405. Cuarto minguante sobre A Coruña. Soraya Sampedro.
• 2406. Mercurio sobre a Catedral de Santiago. O’Fins.
• 2407. Faro da Illa Lobeira Grande (Corcubión). Drewkorme.
• 2408. A Pena dos Tres Pés en Forgoselo (A Capela). JC.PhotoMyDreams.
• 2409. Manchas solares e estación espacial dende O Mercuto (Ames). O’Fins.
• 2410. Nebulosa do Veo desde O Pino. Aleixandrus.
• 2411. Vía Láctea sobre o faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños). Alberto Vázquez.
• 2412. Treboada desde a praia do Tombo do Gato (Vigo). Pablo J. Martínez Alemparte.
• 2413. Galaxia de Andrómeda desde Estacas (Ares). Niko Sisto.
• 2414. Vía Láctea sobre Castro Laboreiro no Gêres (Melgaço). Borja Rial Pereira.

As AstroPostais teñen un número de serie para facilitar a súa colección. No reverso aparece tamén o lugar da imaxe e o seu autor. Esta é a listaxe. Se o título ten unha ligazón leva á paxina do blogue na que se publicou esa imaxe polo miúdo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “AstroPostais24”