Xira a terra ou o ceo?

Expo_ceosgal
Imaxe de Bardos, Osbio S.

Podes sentir como a Terra rota baixo os teus pés. Mira algunha estrela que estea baixa no horizonte. Volve a mirala uns cantos minutos despois; mudou de posición. Se miras cara o norte é máis evidente; como eixo de xiro aparente “apunta” á estrela polar a velocidade radial é maior nas estrelas que están máis preto. E xa sabemos que a estrela polar está ao norte.

Pero, como podemos diferenciar que se move a Terra e non o ceo? Pensar nas estrelas como situadas nunha esfera celeste de radio indefinido co noso planeta no centro foi un dos primeiros modelos cosmolóxicos dos antigos gregos, probablemente a conta de Eudoxo de Cnido. Aínda que xa Aristarco de Samos definira un modelo diferente co Sol no centro, non foi ata a revolución copernicana que se asentou a imaxe dun planeta en rotación xirando ao redor do Sol.

A primeira evidencia absoluta de que a Terra rota sobre si mesma debeuse a Foucault e a demostración do seu péndulo abalando de xeito libre. O plano de oscilación do péndulo xira solidariamente coa rotación terrestre, como podemos ver no modelo da Casa das Ciencias da Coruña. Na imaxe de hoxe, o péndulo acompañan a unha foto do noso calendario dos Ceos Galegos.

Visita a exposición de Ceos Galegos na Casa das Ciencias da Coruña.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

5 comentarios en “Xira a terra ou o ceo?”

  1. Pingback: Estrelas todo o ano – Ceos Galegos
  2. Pingback: O Sol, centro do universo – Ceos Galegos
  3. Pingback: Círculos por riba da capela – Ceos Galegos
  4. Pingback: O xigante que move o ceo – Ceos Galegos
  5. Pingback: Xirando por riba da Muralla – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.