Descripción
Unha poeta que olla ao mundo cos seus ollos científicos. Ou unha astrónoma amadora que lle pon versos ao mundo que observa co seu telescopio, co seu microscopio, coas súas palabras. Estíbaliz Espinosa proponnos en Curiosidade que cambiemos o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada. A relación entre literatura e ciencia. O pulso da vida e a experiencia destiladas até dar coa palabra, co verso perfecto.
Unha obra editada por Aira Editorial dunha poeta que, desde este ano, xa forma parte do universo de Ceos Galegos. As súas poesías acompañan cada unha das imaxes do noso #CeosGalegos21.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.