O máis visto (e lido) de 2018

Este primeiro ano de andaina do proxecto de divulgación que é Ceos Galegos tivo os seus fitos, en forma de imaxes e textos máis vistas e lidos, respectivamente. Neste clasificación dos cinco primeiros postos temos:

[su_youtube url=”https://www.youtube.com/watch?v=v-7fInmmIh4&feature=youtu.be” width=”300″ height=”200″ responsive=”no” autoplay=”no” class=””] O raio azul do Sol, un vídeo de Alfredo Madrigal que captou este rarísimo fenómeno solar por primeira vez neste recuncho noroeste. E pódense contar cos dedos dunha man as gravacións existentes deste rarísimo fenómeno en todo o mundo. Esta rareza supuxo un pico de máis de 4 000 visitas nun só día maila correspondente “derrama” en forma de pagamento supletorio polo ancho de banda consumido pola web no noso servizo de “hosting”. Iso si, este portouse coma un campión sen caerse en ningún momento.

O camiño das lousas, a primeira colaboración de Marcos López Alonso.

Foi esta fermosura realizada nas terras luguesas de Muras.

Marcos é un dos últimos colaboradores en sumarse ao noso equipo. Neste primeiro ano de existencia xuntamos xa uns 40 fotógrafos, astrónomos e afeccionados.

 

 

Un raio verde no sol, imaxe de Ángel D. R. Arós, un dos colaboradores inicias do proxecto e que apareceu na edición #CeosGalegos18, esa fermosura de calendario co que sustentamos os custes deste proxecto.

Moi curioso que nun país con fama de mal tempo sexan precisamente dous raros fenómenos solares as imaxes máis vistas durante este ano. Haberá que revisar os tópicos sobre a meteoroloxía galega.

 

 

A Lúa ten mares foi a única proposta enviada por Raúl Rodríguez Vázquez no ánimo, compartido polo noso equipo, de que para admirar do ceo non é necesario dispoñer de grandes equipamentos.

Esta imaxe foi tomada cun teléfono móbil. Durante este primeiro ano do proxecto foi unha das categorías que empregamos na web. Quen sabe se o vindeiro ano será unha das categorías para o concurso.

 

 

Cazando perseidas e algo máis, de Antonio Paz Vázquez foi unha das varias imaxes que recibimos en agosto. Participou no noso primeiro concurso de fotografías, neste caso coa temática das perseidas.

 

 

 

Estas foros as cinco máis vistas das 150 publicadas. E os cinco textos máis lidos, por diversas razóns. Moitas máis están agardando a que as admires e os leas. E, tamén, podes votar para escoller a mellor imaxe do ano feitas con telescopio, feitas sen telescopio e tamén fotos de nubes. Decidimos ampliar o prazo ata o día 4 de xaneiro. E hai sorteos.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026