A voltas co mundo desde o Folón

Ou xira o ceo ou xira a Terra ou móvese todo. Como sabelo? A realidade absoluta é o terceiro, que todo se move. O resto é relativo.

Os primeiros modelos científicos afirmaban que a Terra estaba no centro do Cosmos. As estrelas, a modo de buratos nunha esfera que arrodeaba a Terra, eran a luz dunha gran lumieira externa que penetraba por eses buratos, ata que o gran lume do Sol aparecía e as apagaba. Así parece polas noites, unha esfera de luces fixas que xira ao redor de nós, neste planeta. Ás veces aparecían estrelas errantes ou planetas, que parecían ter vida propia e moverse ao seu ritmo, así como a Lúa mailo Sol. Foi o Aristarco (o de Samos) o primeiro en afirmar que ao mellor a Terra non estaba no centro, senón o Sol, con escaso éxito na súa época.

Calquera de nós que observe durante unha soa noite o ceo estrelecido podería chegar á mesma conclusión. Só teriamos que buscar referentes preto do horizonte. Seriamos quen de notar como todo parece xirar ao redor dun punto moi preto dunha estrela, Polaris. Unha casualidade cósmica, pois nada a obriga a estar aí, preto do centro de rotación ou do lugar no ceo onde apunta o eixo ao redor do cal parece xirar o noso planeta.

Neste caso, grazas a unha imaxe de longa exposición, podemos rexistrar eses xiros como os ronseis que van deixando as estrelas como se xirasen ao redor de Polaris, máis á dereita e fóra da imaxe. O autor xuntou un total de 400 tomas cada unha con 20 segundos de exposición coa súa Sony ILCE-7M2, conseguindo captar incluso as diferentes cores das estrelas. En total, 2 horas e 10 minutos de movemento celeste, ou terrestre. Por baixo, o río Folón (O Rosal, Pontevedra) cos seus famosos muíños que aproveitaban a enerxía hidráulica para moer gran, tamén fóra da imaxe. Cun alumeado de lanterna en dúas das imaxes conseguiu que aparezan na imaxe nocturna tanto a fervenza como as rochas.

A imaxe, tirada en maio de 2022, feita en vertical para coller tanto a beleza da fervenza como o movemento do ceo, foi incluída no noso #CeosGalegos23, que ten unha estrutura horizontal. O problema solucionámolo incluído a imaxe a dobre páxina, a modo de despregabre, que se pode mirar ao pasar a imaxe da capa. Un espectáculo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024