Un cento de planetas errantes

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Mira a imaxe. Que ves? Estrelas; moitas estrelas. E cores; moitas cores. E negro; moito negro. E nubes, moitas nubes. Ollo aí, son nubes cósmicas, de po e hidróxeno, non nubes terrestres. E todo isto, todo, ten a súa razón de ser. E a súa explicación. Pero tamén hai moito que non se ve, pero que se descubriu hai só unhas semanas.

As estrelas forman parte da zona do ceo coas constelacións do Arqueiro, o Escorpión, a Serpe (unha constelación con dúas partes: cabeza e cola) e o Ofiuco (que vén a ser un home sostendo unha enorme cobra nos brazos). As constelacións non se recoñecen porque a imaxe, de longa exposición, capta moitas máis estrelas que a simple vista.

As cores, como o rosa en varios borranchos espallados pola gran nube que aparece esgazada de arriba abaixo na metade esquerda, a Vía Láctea. Neses borranchos están a nacer estrelas, pois son nebulosas con moito hidróxeno. Se che parece ver unha estrela amarela-laranxa na parte baixa á dereita pois parabéns, estás a contemplar Antares, a principal da constelación do Escorpión.

E moito negro. En primeiro plano, parte do noso planeta; varias árbores perfiladas contra o ceo nocturno que arderon hai uns anos. No ceo, saíndo da Vía Láctea cara a estrela Antares, un río de po escuro que impide ver o que hai por detrás ao bloquear a luz estelar. Así se denomina, río negro de rho Ophiuchi, por chegar a esa estrela da constelación de Ofiuco, xusto por riba de Antares.

E, o que non se ve? Nesa rexión celeste descubríronse hai unhas semanas varias ducias de planetas errantes. Astros sen luz (pero con calor remanente da súa formación, a característica que permitiu descubrilos) que vagan pola zona. Non se sabe de onde proveñen, nin onde van, nin como se formaron. Pero é a primeira vez que se descobren tantos dunha arrancada; 70 planetas interestelares, aínda que se pensa poden chegar a ser 170.A imaxe foi tirada preto de Santiago de Compostela. O autor empregou unhas 70 imaxes de diferentes duración para un total de 10 minutos de exposición coa súa cámara Canon 6D e obxectivo Samyang 35mm F/1.4, todas a ISO 3200. E si, forma parte do noso proxecto #CeosGalegos22 ocupando o mes de novembro.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023