Planetas sen fronteiras

Xúpiter, Saturno, A Vía Láctea, a Lúa... sobre a foz do río Miño.

A Lúa clandestina

no grandor do río que abraza a Vía.

Minha amiga Joana e eu.

Estíbaliz…Espinosa nos #CeosGalegos21

Arriba, no ceo, podemos trazar liñas imaxinarias. Unindo as dúas luces máis brillantes, Saturno e Xúpiter, temos a liña da eclíptica. Esa é a proxección do plano do sistema solar, as órbitas de todos os planetas que máis ou menos orbitan ao sol no mesmo plano, froito da súa orixe nunha nube de materiais sólidos que xirando ao redor da estrela primixenia foi conformando o plano. Outra liña moito máis ampla aparece en vertical, a modo de nube. É o plano galáctico. Unha chea de estrelas, hidróxeno gasoso e po que, xirando ao redor do núcleo central, foi conformando ao londo dos eóns unha galaxia aplanada e con forma de espiral.

En terra aparece á esquerda unha franxa azul que atravesa a diagonal dun país e da súa bandeira. O río Miño forma, na mente dalgúns, tamén unha liña fronteiriza entre dous países que poucos vén como tal. A fin de contas, as liñas da terra son tan imaxinarias como as do ceo. Aí está a praia do Muíño no primeiro plano, con Caminha por tras, a Insua no medio e as luces avermelladas dos aeroxeradores de Afife ao fondo.

Queres saber máis? Olla á dereita, alí onde a Lúa tenta rachar as poucas nubes do ceo. Aparecen ao seu redor unhas irisacións froito da refracción do luar polas pingas de auga.

Unha panorámica de 3 fotos tiradas a comezos de setembro desde A Guarda.

Ceos galegos, ceos portugueses… As raias das persoas só habitan nas súas mentes. Non hai máis dereitura para a Terra nin máis leis que as que lle dita a gravitación.

Jorge Mira nos #CeosGalegos21

Poderías gostar de...

Un cento de planetas errantes

Mira a imaxe. Que ves? Estrelas; moitas estrelas. E cores; moitas cores. E negro; moito negro. E nubes, moitas nubes. Ollo aí, son nubes cósmicas,

Así loce Leonard (i)

O cometa Leonard é a sensación astronómica da tempada. Polo menos para afeccionados ás estrelas e a fotografía. Ben é certo que algo decepcionante, pois

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025