Descripción
Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 12 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica.
A edición do ano 2018 foi a primeira do proxecto. Conta con imaxes de temas variados e paisaxes recoñecibles. Moitas delas con información ampliada no noso blogue:
- un raio verde baixo a ponte de Rande desde a praia de Cesantes (Redondela, Pontevedra)
- montañas dos Ancares (Lugo)
- faro de punta Roncadoira en Xove (Lugo)
- antigo faro de cabo Silleiro en Baiona (Pontevedra)
- penedo do Galo en Viveiro (Lugo)
- catedral de Santiago de Compostela
- as montañas de Trevinca na Veiga (Ourense)
- canastro de Gontán en Verea (Ourense)
- unha solarigrafía no faro de Corrubedo (A Coruña)
- illas Cíes (Pontevedra)
- torre de Hércules (A Coruña)
- un solpor na praia de Camariñas (A Coruña)
- galaxia de Andrómeda e as súas satélites (Grupo Galáctico Local)
- nebulosa de Orión na constelación homónima (Vía Láctea)
Só quedan uns poucos exemplares da edición, destinada a que poidas completar a túa colección ou poder admirar algunha fermosuras que aquí se publicaron.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.