Un borrancho no ceo

Créditos imaxe: Ángel R- Arós

Así parecería a imaxe da foto na antiga Grecia, aínda que Ptolomeo non o rexistrara. Así se vería polos astrónomos árabes, como foi catalogado por Azophi (ou Abd Al-Rahman Al Sufi) no seu “Libro das estrelas fixas” do ano 964, chamándolle “mancha nebulosa”. Así debera ser visto en tempos de Alfonso X o Sabio, aínda que non fale dela nos seus libros. Así se apareceu aos primeiros observadores modernos do ceo: Copérnico, Kepler, Galileo… E así o rexistrou o astrónomo francés Charles Messier no seu catálogo de nebulosas, co nome de M31, unha escolma de obxectos que non eran cometas. E así o vemos hoxe en día, se o ceo é escuro e libre de contaminación luminosa, a simple vista ou cuns prismáticos: un borrancho no ceo.

Aínda no ano 1920 se discutía se a nebulosa de Andrómeda estaba dentro da nosa galaxia ou non, discusión que se resolveu 5 anos despois grazas ás observacións de Edwin Hubble.

Así campa hoxe a galaxia desde Guitiriz (Lugo), en imaxe tomada grazas a unha cámara réflex moderna acoplada a un telescopio. Percibimos o núcleo máis brillante, certa estrutura de brazos espirais e dúas nebulosas arriba e abaixo que son outras dúas galaxias máis pequenas, satélites de Andrómeda, que a escoltan na súa viaxe polo cosmos. Foron precisas 20 imaxes de 30 segundos de duración cada unha, realizadas cunha cámara réflex Sony ILCE A7S acoplada a foco primario nun telescopio Newton F5.

Porque todo se move, tamén o noso coñecemento sobre o universo vai mudando co tempo.

Esta imaxe forma parte das páxinas do noso Calendario Ceos Galegos 2018.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

8 comentarios en “Un borrancho no ceo”

  1. Pingback: Un espectáculo de balde no ceo – Ceos Galegos
  2. Pingback: Adeus invernalia – Ceos Galegos
  3. Pingback: Cazando perseidas e algo máis – Ceos Galegos
  4. Pingback: Unha soa foto, todo o ceo galego – Ceos Galegos
  5. Pingback: Galaxias por ducias – Ceos Galegos
  6. Pingback: A veciña galáctica, segundo premio á mellor imaxe 2018 – Ceos Galegos
  7. Pingback: Dúas galaxias chocando – Ceos Galegos
  8. Pingback: O día antes – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.