AstroPostais21 (14 unidades)

Reprodución das imaxes de #CeosGalegos21 #GalicianSkies21 en formato de postal, de curso legal. No anverso aparece a reprodución da imaxe do calendario, cada unha delas no seu formato orixinal e sen recortes. No reverso aparece o pé da imaxe e a estrutura característica de postal.

Todas as imaxes van sendo publicadas no blogue cun texto que descrebe todo o seu contido.

10,35

Hai existencias

5/5
Identificador: 10002 Categorías: ,

Descripción

Esta é a listaxe completa das #AstroPostais21. As que teñen ligazón levan á páxina do blogue na que describimos a imaxe polo miúdo. Podes consultar o catálogo completo con todas as series (18 MB). Se desexas exemplares individuais envíanos un correo indicando cantas queres e que modelos; miraremos se é posible.

Características técnicas

As postais teñen as proporcións das imaxes orixinais. As medidas permiten que sexan empregadas como postais admitidas polo servizo de Correos. Están impresas a catro tintas sobre cartulina gráfica 280 g e acabado mate.

Por detrás teñen a estrutura típica de postal, con espazo para escribir a man e para poñer o selo mailo enderezo do destinatario. Tamén aparece o autor da imaxe e a súa descrición.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “AstroPostais21 (14 unidades)”