Ceos Galegos 20: premios do xurado “creativa/didáctica”

Primeiro Premio

Rosalía lucet, Carnota fulget de Fins Eirexas. As palabras do xurado explican á perfección os valores da imaxe:

  • Didacticamente a máis completa: noite estrelada, Vía láctea, quimioluminescencia do cielo, o mar de ardora, a estrela Rosalia… que van chamando a atención progresivamente.
  • A combinación das cores e a composición de diferentes elementos na imaxe fanna fascinante para diferentes públicos tanto a nivel visual como polas súas implicacións culturais.
  • Parece competir coa contaminación luminosa, esa que non deixa aprezar ben a Estrela Rosalía  que o autor sitúa e destaca. Na foto vemos ademais a Vía Láctea, os planetas Saturno e Xúpiter.

O autor recibiu un libros de Urco Editora, unha lámina fermosa de Librerías Punto e Coma, un lote de libros do Consello da Cultura Galega, unhas fermosas postais históricas de Alvarellos Editora e un fermoso “Unha noite no tren da Vía Láctea” de  Aira Editorial. Ademais, un premio económica grazas ás entidades patrocinadoras: Divulgacción, Clube Vega, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas

Segundo Premio

AlVent de Fins Eirexas. Unha toma dobre do cometa NEOWISE, a estrela astronómica do ano 2020, nunha comparativa que desvela a estrutura fina das súas colas forzando o procesado. Ademais asoman as galaxias M81 e M82 ao través da na cola iónica As tomas realizáronse desde a praia do Rostro (Fisterra, A Coruña) o 18 de xullo de 2020. Nas palabras do xurado:

  • Usar eses efectos sobre a imaxe e comparar ámbaslas dúas é moi intelixente, permite ver e destacar detalles claves da foto e potencia moito a súa capacidade didáctica.

Grazas a iso conseguiu un bo lote de regalos: un lote de libros de Urco Editora, da Editorial Hugin e Mugin,do Consello da Cultura Galega e de Aira Editorial.

Terceiro Premio

(ex aequo) Ocultación de Venus pola Lúa de Gonzalo González Bernárdez, desde terras ourensáns amosa os diferentes planos nos que se moven os obxectos do ceo. Ocorrido o 19 de xuño 2020 entre de 8:00 a 10:30, visible a simple vista, a lúa estaba case nova (ao 4 %). En palabras do xurado:

  • A Lúa e os planetas están polo día, iso sabiámolo, pero nesta foto queda ben evidente.
  • Por que a Lúa case non se ve? Por que Venus non é tapado en todo momento pola Lúa se estamos nunha elíptica? Por que se ve Venus á dereita? Quen lle fai esa sombra a Venus? Mentras penso ou busco unha respostas vexo unha foto estéticamente preciosa.

(ex aequo) 3 Silmarils de Fins Eirexas, capta en tres días consecutivos de abril de 2020 o paso do planeta Venus por diante das Pléiades, o cúmulo estelar. Valorada polo xurado pola “estética maila limpeza da foto consegue amosar de xeito claro e sinxelo o seu obxectivo”. Empregou a súa cámara Nikon D600 cun obxectivo NIkkor AIS ED IF 300 mm, unha focal f/5,6 velocidade de obturación  1/50 s e ISO 800. Desde Vidán (Santiago de Compostela, durante o confinamento da primavera de 2020.

Os autores recibiron un bo queixo a Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e libros de Urco Editora, do Consello da Cultura Galega, de Aira Editorial, da Editorial Hugin e Mugin e de  Alvarellos Editora.

Ademais, todos/as premiados/as puideron gozar dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro no xantar ofrecido polo Náutico de Castrelo, ademais de exemplares adicionais de Museo Etnolóxico de Ribadavia, dos Museos Científicos Coruñeses e CD de música de Nigra Mors.

Poderías gostar de...

Tres ducias de perseidas e moito máis

Unhas cantas horas de observación e 600 fotografías despois resultan nesta imaxe: máis de tres ducias de perseidas no mesmo cadro. Se prolongamos os ronseis

Auroras boreales galegas

Décadas agardando contemplar desde o país este fenómeno extraordinario remataron nas noites do 10 e o 11 de maio. Unha gran actividade solar xerou unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024