Primeira presentación física do proxecto “Ceos Galegos”

Cartaz Feira de Castrelo
Cartaz Feira de Castrelo

Ao longo destes últimos dous meses do ano, ademais de crear unha rede de distribución para “Ceos Galegos – Calendario Astronómico 2018” para que estea o máis preto do público, tamén estamos a preparar unha serie de presentacións. Nestas, ademais do editor, trataremos de contar coa presenza dalgún dos fotógrafos (especialmente se vive preto do lugar da presentación).

A primeira das presentacións terá lugar nun marco tan tradicional como unha feira. E vai ser o derradeiro domingo do mes de outubro, na feira de Castrelo de Miño. Nun lugar tan fermoso coma o Parque Náutico de Castrelo, arrodeados e arropados de vendedores, polbeiras, churrasco poderemos amosar o noso produto “Calendario astronómico 2018” ao público, explicar o contido dalgunhas das imaxes, a ciencia que hai por detrás e seguro que sorteamos un exemplar. Xa veremos que tipo de pregunta ou proba arrevesada se nos ocorre para seleccionar ao gañador.

E, despois, quedará como punto de venta tamén o Parque Náutico de Castrelo, lugar fermoso e singular onde os haxa no que tanto podes cear en parella como asistir a unha charla científica de Jorge Mira como gozar dunha velada astronómica con telescopio a cargo do editor de Ceos Galegos.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026