Obradoiro astrofoto: avanzado

Lugar: concello de Muras (Lugo)

Data: 14 de marzo de 2020

Horario: a partires das 16:00

Imparte Raúl Villaverde, un dos maiores expertos en fotografía do ceo fondo e procesado fotográfico. Entre outros moitos méritos, leva publicadas 9 imaxes no Astronomical Picture Of the Day da NASA. E, varias, feitas a partires de reprocesar el mesmo datos de imaxes tiradas polo Telescopio Espacial Hubble.

Xa sabedes, se queredes mellorar a vosa capacidade técnica e participar nos nosos futuros concursos de astrofoto, esta é a convocatoria.

Organizan o concello de Muras maila sección ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación Fotografía Ferrolterra.

Poderías gostar de...

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026