A nebulosa da Media Lúa

No interior desta burbulla cósmica pasou algo extraordinario. A estrela chamada WR136 expulsou hai dous centos mi anos as capas máis externas da súa estrutura ao exterior. Nesas capas hai unha chea de átomos de hidróxeno, osíxeno… Os ventos estelares van inchando progresivamente esa burbulla. As diferentes densidades da rexión cósmica que a arrodean provocan que aparezan eses filamentos, bolborotos e resto de detalles da imaxe. O diámetro total desta nebulosa é duns 25 anos luz.

A estrela WR136 non desapareceu. Pertence a un tipo de estrelas moi estrañas denominadas Wolf-Rayet. Son estrelas moi masivas, con vidas moi frenéticas e tempestuosas e que adoitan morrer antes ca outras máis pequenas. A WR136 naceu cunha masa unhas 25 veces a do sol, pero cada 10 000 anos expulsa ao espazo o material equivalente a unha masa solar. Agora, xa nunha fase vital avanzada, pertence ao tipo das xigantes vermellas. Nuns anos, nun cento de milleiros de anos en concreto, agárdase que estoupe en forma de supernova se aínda lle queda daquela masa abondo.


A nebulosa formada na imaxe recibe o alcume “nebulosa do Crecente ou da Media Lúa”, pola súa forma aparente. Poderíamos atopala no medio da constelación do Cisne a uns 5 000 anos luz de distancia. Nos catálogos aparece coa denominación NGC6888.

A imaxe tirouse uns vinte quilómetros ao norte da cidade de Ourense o pasado mes de xullo. Precisou amorear a información de 136 imaxes tiradas cun telescopio Celestros C8.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026