Condicións

Condicións

Se tes algunha imaxe que queiras que apareza publicada en Ceos Galegos, esta é toda a información que precisas:

  • fotos@ceosgalegos.com é o enderezo para o seu envío
  • o tamaño e resolución das imaxes á túa elección. Adaptaremos para a web cunha ligazón ao tamaño real que mandedes. Podes poñerlle unha marca de auga (discreta a poder ser). Por favor, conserva un orixinal sen marca de auga para o futuro, nunca se sabe.
  • as páxinas da web levarán un pé de imaxe co copyright, nome do autor e/ou institución que queirades e unha ligazón sobre o nome a onde digades (web, correo electrónico, unha rede social…).
  • os nosos textos e resto de contidos da web, de produción propia levan unha licenza de uso do tipo Creative Commons.
  • pregamos conserves o orixinal da imaxe a tamaño completo ou o arquivo raw, sen marcas de auga. No caso de que fagamos traballos derivados (como o calendario deste ano), serán precisos para poder ter calidade abondo. No caso de que teñamos dúbidas sobre autoría, pedirémoschos.
  • preferimos imaxes actuais, non teñen que ser inéditas e tamén poden estar publicadas nas vosas propias webs ou redes sociais ou medios cos que colaboredes.
  • importante información de contexto: onde está feita a imaxe, que se ve nela que sexa relevante… pero tamén información técnica (cámara, tempos de exposición, procesado…) para poder manter diálogos cos usuarios das redes sociais. Se o arquivo conserva os datos EXIF orixinais mellor.
  • restrinximos as fotos a aquelas realizadas desde Galicia. En xeral, buscamos fotos que nos dean xogo para falar de ciencia, astronomía, fotografía, cultura… e que teñan algo que ver co ceo diurno ou nocturno, o espazo:
    • fotos de paisaxes con elementos astronómicos (estrelas, lúa, sol),
    • fenómenos atmosféricos (nubes, trebóns, lóstregos, tornados, chuvia),
    • ceo fondo (nebulosas, galaxias, cúmulos),
    • constelacións,
    • monumentos galegos coa lúa, o sol, a vía láctea, as estrelas.
    • instrumentos astronómicos, imaxes de libros antigos.
    • imaxes de elementos patrimoniais que teñan relación astronómica.
    • gráficos, montaxes, vídeos… que teñan algún aspecto didáctico relacionado
  • de enviares unha imaxe a Ceos Galegos declaras implicitamente que posúes os dereitos de autor desa imaxe e aceptas que sexa usada na web, portal, redes sociais, webs espello, traducións a outros idiomas, charlas didácticas… algunhas das cales poden ter insercións publicitarias. No caso de que fagamos traballos derivados solicitaremos autorizacións adicionais. Para traballos derivados que poidan ser comercializados abonaremos dereitos de autor que negociaremos en cada caso particular.
  • declaración ética: admitimos mosaicos e composicións dixitais de imaxes. Pero será necesario que todos os traballos dixitais e de edición realizados deberán describirse no envío. Tamén as alteracións realizadas sobre a imaxe.
  • estas condicións poderán ser actualizadas e postas ao día, entrando en vigor desde ese momento

(Actualización: 14 xaneiro 2018)