Descripción
Autor: Joseph Hall. Tradutor: Alfonso Blanco
Un mundo distinto e igual, obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en 1605 e distribuída, nun principio, só entre persoas de confianza. Entre as obras satíricas clásicas, a de Hall considérase unha das máis valiosas dende o punto de vista literario. As súas páxinas conteñen un suxestivo e irrisorio catálogo de arquetipos humanos; tal é a fórmula que o autor argallou para disparar –coa arma da ridiculización– contra a corrupta Igrexa católica romana. O mundo que nos presenta está poboado por unha amálgama de necios e fanáticos, de individuos deformes e demasiado seguros de si mesmos, habitantes de territorios imposibles onde os roles tradicionais de homes e mulleres se inverten, onde as sociedades se gobernan por códigos de conduta a todas luces disparatados e os usos e costumes renxen por onde queira que se miren… Porén, trátase dun mundo idéntico ao que se ten por civilizado.
A intrépida viaxe a terra ignota que realiza Mercurio Británico, é unha das máis extravagantes e trouleiras da literatura utópica. Amais, a presente edición en galego permite realizar unha lectura informal ou ben, grazas ao amplo e traballado corpo de notas (tanto do autor coma do tradutor), unha máis sisuda pero non menos gozosa.
Podes ler (en castelán) unha análise desta obra en conxunto con Utopía de Tomás Moro.
Inclúese unha Guía de Lectura con algunhas claves para ler a obra, documento elaborado por Alfonso Blanco Quintela
Colección: colección Principal
Temática: ciencia ficción, grandes clásicos
Lingua de orixe: latín
ISBN: 978-84-946538-3-4
Século de publicación: XVII
Encuadernación: rústica con lapelas
Formato: 20 x 13,5 cm
Páxinas: 260
Reseñas
Aínda non hai valoracións.