Unha burra e un telescopio
Créditos da imaxe: Real Academia de la Historia Unha tarde de 1817 Domingo situaba o seu telescopio en Santiago de Compostela e medía, grazas ás observacións astronómicas, a posición xeográfica exacta da torre da...
Ceos Galegos / Paisaxe Nocturna
por Dosi Veiga · Publicado
Créditos da imaxe: Dani Caxete
De noite o ceo non é negro. Nin sequera en ausencia da Lúa nin moito despois do solpor. Máis alá das estrelas que o adornan, e da Vía Láctea que se arquea de punta a punta, aparecen outros fenómenos visibles que fan brillar as noites de verán.
Así foi hai un par de anos que o fotógrafo foi quen de captar un ceo de cor verde por riba da praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo). A simple vista quizais só enxergara un brillo difuso, pois é un fenómeno bastante feble. Pero en tomas fotográficas con segundos de exposición aparece se brillo verdeallo. Denomínase luminescencia atmosférica, máis simple de dicir en inglés coa súa palabra airglow (literalmente, brillo do aire). Foi identificado por vez primeira polo físico sueco Anders Ångström, un dos pioneiros da espectroscopía, aínda que o coñecemos máis pola unidade que leva o seu nome (o angstrom ou Å, a dezmillonésima parte dun milímetro).
Na imaxe, un mosaico horizontal con varias tomas para abarcar gran parte do horizonte de oeste a leste, aparece a luminiscencia en franxas que parecen converxer en dous puntos. Trátase simplemente dun efecto de perspectiva, ao distribuírse este brillo por toda a atmosfera e ser esta esférica. Realmente cubre todo o ceo, pero faise máis fácil de detectar por riba do horizonte.
Son varios os fenómenos que poden orixinar estas cores, verdes ou vermellas en función das reaccións asociadas. As moléculas das capas altas da atmosfera reciben luz solar durante o día, provocando a súa disociación. Acontece isto con con moléculas de osíxeno (O2) ou nitróxeno (N2). Estes átomos liberados poden recombinarse á noitiña para formar moléculas de óxido nitrico (NO), emitindo un fotón. Outros fotóns poden vir de formación de grupos hidroxilo (OH) ou reaccións de átomos de sodio.
Imaxes astronómicas da NASA comentadas o sábado 21, no Liceo de Ourense, ás 20:00.
Ceos Galegos / Historia da astronomía
por Dosi Veiga · Published 17 Abril, 2018 · Last modified 18 Abril, 2018
Créditos da imaxe: Real Academia de la Historia Unha tarde de 1817 Domingo situaba o seu telescopio en Santiago de Compostela e medía, grazas ás observacións astronómicas, a posición xeográfica exacta da torre da...
Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte Hai estrelas que parecen xogar co gas que as rodea facendo globos. Outras, parecen amorearse na mesma zona do espazo con todo o baleiro que hai aí...
Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal Os ceos galegos son os únicos que contan cunha camelia. Neste caso, na forma dunha nebulosa, unha zona chea de gas hidróxeno agardando polas condicións favorables para que se poidan...
Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal O ceo nocturno, se nubes, sen borrascas, sen edificios ao redor e sen contaminación luminosa é fermoso. A simple vista, mirando con prismáticos, con telescopio ou facendo fotografías. Podemos...
O sábado 21 de abril de 2018 ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense. Charla a cargo dun dos editores de Ceos Galegos: X. Dosi Veiga. Tres ou catro ducias de imaxes publicadas pola...
…dun arco da vella. Xa sabemos cal é a receita para ter un arco da vella. Pero, algunha vez quixeches buscar o tesouro agochado onde remata? Velaquí o tes… pero non. Non o hai....
Créditos da imaxe: Ánxela Álvarez Naya As nubes están formadas por pequenas pingas de auga. No interior das nubes de choiva hai ventos moi turbulentos. As pingas de auga do fondo viaxan cara arriba...
por Dosi Veiga · Published 30 Marzo, 2018 · Last modified 4 Abril, 2018
Créditos: Pablo J. Martínez Alemparte A Terra móvese sobre si mesma e ao redor do Sol segundo pasan as estacións. Como o noso planeta está en diferentes posicións no seu movemento de traslación, en...