Un arco celeste

Créditos da imaxe: Noa Táboas

A Vía Láctea arquéase por riba da capela de San Nomedio e a súa porta cun arco de medio punto. Esta ermida é a última de moitas que desde o século VI foron construída e derruídas nunha loita entre o cristianismo e o paganismo, que seica empregaba este cumio como lugar de adoración á deusa Cal-Leach, a deusa da fecundidade e da morte, a Terra nai. O monte de San Nomedio érguese 690 metros e sobrevoa ben o contorno.

O arco superior é eterno, polo menos a escala humana. A nosa galaxia esténdese no ceo de finais da primavera de norte a sur. Na esquerda destacan varias estrelas atravesadas pola nube cósmica, forman un “W” no ceo que demos en chamar constelación de Casiopea. No lado contrario, ao carón da torreta, atópase O Arqueiro. Preto del, o punto máis luminoso é o planeta Saturno. Á esquerda da cruz da capela, a estrela máis brillante nestes ceos, Vega, na constelación da Lira.

A autora deste mosaico de 6 fotografías repite este ano na edición 2019 de Ceos Galegos. Non é con esta imaxe nin cunha xa publicada na nosa web.

 

Poderías gostar de...

#CeosGalegos27: a eclipse galega de sol

A coroa solar resulta invisible acotío. Porén, durante os escasos minutos (ou segundos) que dura unha eclipse total de sol aparece de xeito pantasmal, despregando

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026