As mellores imaxes do cometa NEOWISE con patrimonio

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Primeiro premio

Autor: Aleixandrus.

Moi ben pensada e conseguida a composición do cometa guiando aos peregrinos. O ceo está precioso, as luces e sombras moi equilibradas, a pesar de toda a luz que hai na escena. Unha imaxe rechamante, que normalmente se faría cunha montaxe, colocando á estrela guía, pero que neste caso estaba aí realmente.

Leonor Parcero

Tomada o 15 de xullo ás 23:57 desd eo Monte do Gozo (Santiago de Compostela, A Coruña) co Monumento ao Peregrino. Cámara Sony a7III + Tamron 28-75 f2.8 a 75mm f4 combinando imaxes a distintos ISO e tempos de exposición para que os diferentes motivos da imaxe aparecen enfocadas.

Segundo premio

Autor: José Carlos Castro Martínez

Unha composición estética sinxela, integrando un elemento identificable da cultura castrexa cunha visión boa do cometa no encadre xeral da imaxe.

Ana Ulla

Tirada no marco do Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra).

Terceiro premio

Autor: Alberto Leiras

Unha imaxe tecnicamente boa, con equilibrio luz e escuridade, composición moi bonita e o cometa marabilloso lucindo en todo o seu esplendor. A ermida e as escaleiras que levan cara ela diríxennos cara o ceo, onde o cometa destaca entre as estrelas. Gustan as cores e, por que non dicilo, tamén a máscara que leva o rapaz, símbolo da primeira pandemia que estamos a sufrir neste século. O de coller cousiñas coa man está bastante visto, pero non resta nada á imaxe.

Leonor Parcero

Tirada na ermida de Porto na parroquia de Meiras (Valdoviño, A Coruña). Cámara Canon 6D, obxectivo Canon 70-200f4L. Iso 1250. Distancia focal 70 mm. Velocidade de obturación 15″.

Este foi o resultado da votación do xurado do noso concurso, para a categoría de imaxes do cometa NEOWISE con patrimonio. Unhas das cinco categorías do noso concurso con imaxes do cometa. Nos vindeiros días iremos publicando o resultado do resto das categorías, extraído da nosa retransmisión en directo do día 1 de setembro de 2020.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “As mellores imaxes do cometa NEOWISE con patrimonio”

Os comentarios están pechados.