Unha gloria pequena

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Parecer un estraño arco da vella, todo circular, pero non é. Pero non sería raro, pois en realidade os arcos da vella son circulares. Neste caso trátase doutro fenómeno menos común de óptica atmosférica. Estamos ante a gloria ou a pantasma dos Ancares.

A xeometría é importante. As glorias sempre ocorren na dirección oposta ao Sol co observador no medio. Tamén debe haber brétemas ou nubes que estean a ser alumeadas polas raiolas; serán a pantalla de proxección. Por último, a presenza de pingas de auga individuais que esparexen cara atrás a luz solar, descompoñéndoa en cores. O seu centro adoita ser brillante e conter a sombra do obxecto que provocou a gloria, neste caso un dron que tiraba fotos desde un cento de metros de altura. Ao estar tan lonxe del o fenómeno non se chega a albiscar a súa sombra. Cando esta sombra é visible e moi distorsionada pola perspectiva falariamos dun espectro de Brocken ou pantasma dos Ancares.

Os aneis e as cores son semellantes aos dunha coroa, desde o azul interior ata o vermello ou púrpura exterior pasando polos verdes. O número de aneis varía entre tres ou catro, dependendo da definición do fenómeno.

Imaxes coma esta adoitan ser sinxelas de ver en viaxes en avión ou en excursións á montaña, cando a brétema queda baixa. Só hai que mirar atentamente á natureza que nos rodea.A fotógrafa presentou esta imaxe, xunto con outras, ao noso concurso anual dentro da categoría de MeteoFoto. Esta foi tirada durante o magosto en Nogueira de Ramuín (Ourense).

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023