Ceos Galegos 2019: o concurso

Xa podes votar as túas imaxes favoritas; tantas como queiras (premendo o botón de “gústame”). O xurado o terá un pouco máis complicado. É necesario rexistrarse para votar, pois só poderás votar polas imaxes unha soa vez. E porque queremos sortear entre todos os votantes 5 lotes regalo. Ata o 5 de xaneiro. Votación pechada.

Resultados definitivos premendo nesta ligazón. Os premios serán entregados nunha gala pública o día 19 de xaneiro.

Por defecto aparecen en modo aleatorio. Se as queres ver todas, desactiva este modo e escolle unha categoría. Hai máis de 150 imaxes!!

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: Mar de nubes
Autor: aleixandrus
Votos: 14

Categoría: MeteoFoto
Visualizacións: 149
Descrición: Hai noites de caza da Vía Láctea e de paisaxe nocturna que se torcen cando o temporal que se espera para o día seguinte se adianta varias horas e "estraga" o plan inicial. Pola contra, amosa oportunidades únicas para fotografar o ceo cunha perspectiva completamente nova do terreo. Neste caso, entre dúas treboadas abriuse un oco que permitiu ver este mar de nubes. Vistas desde o miradoiro do Monte Tahume cara o interior, onde a metade esquerda da imaxe é a ría de Muros-Noia tapada pola brétema.
A %d blogueros les gusta esto: