(Maquetación provisoria)
Na nosa atmosfera acontecen fenómenos ópticos que teñen a súa orixe nas propiedades da luz solar, da súa xeometría e da súa natureza. Nono hai máis que ir polo vida cos ollos abertos e espertos para decatarnos de que moitos destes efectos ópticos pasan diante nosa. Os nosos colaboradores xa cazaron uns cantos destes e, de aí, que creamos esta páxina especial para ir organizando os que temos e os que faltan. Podes colaborar connosco enviándonos as túas imaxes destes fenómenos, aínda que xa os teñamos.
O esquema está tomado da excelente web Atmospheric Optics de Les Cowley. Sabemos que algúns destes fenómenos son imposibes ou case imposibles de observar desde aquí. En todo caso, según vaiamos publicando as imaxes as engadiremos neste esquema, de xeito que no texto que as acompaña aparecerá a explicación do fenómeno.
- Raiolas e sombras
- Raios crepusculares: uns fermosos tirados desde o Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña).
- Raios anti-crepusculares
- Sombras de nubes e de montañas
- A sombra da Terra: nunha paisaxe con porcos bravos (Guitiriz, A Coruña).
- O ceo azul: por riba da Illa de San Simón, na praia de Camariñas.
- Solpores: no cabo Vilán. (Camariñas, A Coruña)
- Milagres no solpor
- O raio verde: por baixo da ponte de Rande (Vigo), no cabo Vilán (Camariñas, A Coruña), ao carón da Torre de Hércules (A Coruña), xunto cun raio vermello (Ortigueira), no luar por riba do castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo).
- O raio azul: en vídeo desde os cantís de Loiba (Ortigueira, A Coruña), en imaxe fixa ou en estéreo desde A Lanzada (O Grove, Pontevedra) e Corrubedo (Ribeira, A Coruña) ao mesmo tempo.
- Pingas de auga
- Coroa
- Nubes iridescentes
- Arco de brétema: por riba da Torre de Hércules (A Coruña).
- A gloria: o caso particular do espectro de Brocken en plenos Ancares (Lugo).
- Heiligenschein ou auréola
- Arcos da vella
- Arco primario: na Torre de Hércules (A Coruña).
- Arco secundario: arrodeado á Coruña ou no Carballiño (Ourense).
- Arcos supernumerarios
- Arcos vermellos
- Arcos de reflexión
- Arcos xemelgos
- Arco de nube
- Arco da vella lunar: desde a praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo).
- Nimbos ou halos
- Frecuentes
- Halo circular de 22°: na capela da Virxe da Guía (Vigo), por riba da igrexa do Corpiño (Lalín, Pontevedra), completo en Poio (Pontevedra), halo lunar en Viveiro (Lugo).
- Parhelios: vistos no Ribeiro (Ourense), ou acompañando un arco circuncenital (Culleredo e Cerdeda, A Coruña).
- Arcos tanxentes
- Circunscritos
- Piares: solares, inferiores, lunares, de Venus, de luz coma este nas Pontes.
- Circuncenital: entre Cerdeda e Culleredo (A Coruña).
- Circunhorizontal
- Círculo parhélico
- Infrecuentes: coma un halo de 46°, supra/infralateral, arcos de Parry, arcos de Lowitz, arco de Moilanea, arco de Kern, parhelio de 120º, parhelio de 44º, arcos subhorizontais e piramidal.
- Halos múltiples
- Frecuentes
- Atmosfera superior
- Nubes nacaradas
- Nubes noctilucentes
- Ronseis de foguetes
- Luminescencia ou airglow: sobre o Penedo do Galo (Viveiro, Lugo), sobre a Praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo), no monte Faro (Chantada, Lugo), na illa de Sálvora (Ribeira, A Coruña) e con ardora mariña nos cantís de Loiba (Ortigueira, A Coruña).
- Aurora polar
- Luz zodiacal: desde un miradoiro estelar (A Veiga, Ourense), sobre o monte Pindo (Carnota, A Coruña), con toda a Vía Láctea, desde Valdín (A Veiga, Ourense), no castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra).